CRTVG

Buscar

A Romaría do Corpiño, en Lalín, declarada Festa de Interese Turístico Galego

Publicado o 27/02/2020 14:33

A Romaría do Corpiño intégrase no conxunto de festas de interese turístico galego pola súa singularidade e autenticidade. É unha celebración especial, segundo contan os devotos.

A romaría conserva a súa esencia, pero foi engadindo actividades para que a xente máis nova se animara a participar.

Na parroquia de Santa Baia de Losón, en Lalín, están encantados con este recoñemento. Cren que beneficia toda a comarca.

Grazas a esta distinción, poderán acceder a axudas específicas para impulsar a súa promoción. Para que a romaría sexa aínda máis coñecida e visitada.

Noticias web

27/02/2020