CRTVG

Buscar

A reorganización do tráfico reduce os atascos na fronteira con Portugal

Publicado o 18/03/2020 17:44

Nas zonas fronteirizas, coma esta de Tui, os vehículos xa non teñen que soportar esperas nin colas. O tráfico é fluído e a situación a un e outro lado do Miño xa comeza a normalizarse.

A Policía Nacional e a GNR habilitaron dous carrís para reorganizar o tráfico. Un para o paso dos camións de mercadorías que cruzan automaticamente e sen esperas e outro para os vehículos que deben acreditar a súa entrada ou saída do país veciño.

As melloras no tráfico débesen a esta nova regulación, pero tamén á concienciación social que está permitindo que cada vez sexan menos os que saen das súas casas deixando así vía libre aos que estes días precisan chegar os puntos de repartición necesarios a un e outro lado do Miño.

Noticias web

18/03/2020