CRTVG

Buscar

A reelección de Darío Campos como presidente da Deputación de Lugo segue no aire

Publicado o 13/06/2019 19:43

En Lugo recrúa a disputa entre os socialistas para presidir a Deputación. Algúns alcaldes cren que Darío Campos merece seguir no posto e outros apostan porque José Tomé dea un xiro na presidencia.

A reelección de Darío Campos como presidente da Deputación de Lugo segue no aire. Non hai polo momento voces críticas coa candidatura alternativa que promove o monfortino José Tomé. Algúns alcaldes cren que Campos merece seguir, mentres Gonzalo Caballero non fala de nomes.

O alcalde en funcións de Pedrafita, José Luis Raposo, critica sen citalos algúns membros do equipo de Campos, pero non se decanta oficialmente por ningún dos dous aspirantes.





 

Noticias web

13/06/2019