CRTVG

Buscar

A Real Sociedade non lle dá opción ao Elxe no retorno a Primeira

Publicado o 26/09/2020 21:34

Tardou a Real Sociedade en pechar un partido no que foi claramente superior ao Elxe desde o inicio.

No que rematou 27 veces, sete delas entre os tres paus, ante un conxunto ilicitano en construcción. Cun adestrador, Almirón, que aínda non se puido sentar no banco por motivos burocráticos.

E que aínda así dispuxo dunha boa oportunidade para adiantarse no marcador nun disparo de Josan rexeitado por Remiro.

Ao que respondeu Isak cun luxo co calcaño que se estrelou no traveseiro.

O dominio realista intensificouse tralo descanso. Mikel Merino estivo a piques de adiantar ao seu equipo tras un gran centro de Gorosábel, pero Edgar Badía mantiña o empate a cero.

Foi precisamente Merino quen axudou a desnivelar o encontro cun gran pase a Portu para que fixera o cero a un. Era o minunto 55.

Sen embargo, a Real non lograba pechar o partido e o Elxe a piques estivo de empatar nunha gran ocasión de Pere Milla detida por Remiro.

Ahí remataron as ilusións ilicitanas. A catorce minutos de final, Luismi faille penalti a Januzaj que transforma o propio xogador belga.

E no engadido, outro gran prase de Mikel Merino aproveitao o canteiran Roberto López para facer o seu segundo tanto na Liga. Un gol espectacular para unha Real brillante.

Noticias web

26/09/2020