A Real Sociedade deixa fuxir un partido incrible diante do Betis
R. Sociedade 2 - R. Betis 2
O de Anoeta foi un partido de tolos, deses que costa esplicar sen recorrer a aquilo de "o fútbol é así". Porque o da Real é pra miralo e volvelo ver. Tiña o partido na man con dous goles, os dous conseguidos na segunda parte.
O primeiro aos 48 minutos, tras unha bonita acción, cunha manobra chea de clase de Oyarzábal que definiu Isak. Minuto 48. E o segundo a penas nove minutos despois. De novo con Isak polo medio. So que agora no pase, que soubo aproveitar con mestría Oyarzábal. 2-0 en Anoeta e faltaba media hora e o Betis estaba desfeito. O caso é que aí a Real puido golear e acabou por deixarse ir e pagalo nos minutos finais.
En concreto, nos dez minutos finaios. Aí empatou o Betis. Acurtou tras un centro de Joaquín que cabeceou con determinación Canales. Estabamos no 86. E na compensación, un balón de Tello, chegou a Joaquín e tiro deste petou en Monreal e despistou Remiro. Empate en Anoeta. Meritoria reacción do Betis que fala da súa fe. Desfeita da Real que ilusytra o perigosas que son as confianzas no fútbol.