CRTVG

Buscar

A RAE recomenda dicir 'La Coruña' se se fala ou se escribe en castelán

Publicado o 04/03/2020 20:24

No seu chío da súa conta oficial de Twitter, a RAE sinala que ao falar ou escribir en castelán, o indicado é dicir La Coruña. Con esta resposta a unha consulta dun usuario desta rede social, a Real Academia Española reabre a polémica do artigo no nome da cidade. Unha controversia que moitos coruñeses daban xa por superada.

"A Coruña, evidentemente... A Coruña é como se chama, non?". "Segundo me cadre, A Coruña ou La Coruña, segundo o que me saia". " A Coruña, cando falo en castelán; en galego ou en castelán, sáeme A Coruña", din os veciños.

Aínda que outros cren que quitándolle o artigo se acaba coa polémica.

"Persoalmente, diría Coruña, ou sexa, nada máis. Antes de poñer A Coruña, prefiro Coruña". "La Coruña, aprendín desde sempre". 

O certo é que a recomendación da RAE choca co ditado pola Lei de normalización lingüística, que establece a forma galega como única oficial, con independencia do idioma que se use.

Noticias web

04/03/2020