CRTVG

Buscar

A Radio Galega poderá escoitarse no móbil

Publicado o 29/10/2019 20:51

Se son fans da Radio Galega, a partir de agora poderán escoitala tamén nos seus teléfonos móbiles. Será posible a través da aplicación Radioplayer, que ofrece todas as emisoras de España en directo e á carta. Non fai falta rexistrarse e non ten custo ningún. Alí atoparán as tres canles da nosa radio pública: Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio.

Noticias web

29/10/2019