CRTVG

Buscar

A Radio Galega fai 35 anos das súas primeiras emisións

Publicado o 24/02/2020 16:28

O primeiro son da entón chamada Radio-Televisión Galicia foi o himno galego.

E esas foron as primeiras verbas, emitidas en probas o 24 de febreiro de 1985, cando só eran doce persoas traballando. Catro días despois desembarcou un equipo completo queainda en probas puxo a andar a emisora.

"En setembro do 85, nun partido en Padrón, uns seareiros volvéronse contra min por dicir que era un penalti claro por unha cambadela. Dixéronme que fora unha "zancadilla". Unha anécdota do principio que demostra que os medios públicos fomos unha ferramenta importante para o que fomos creados, que foi estender o uso da nosa lingua", conta Andrés Vieites, redactor de Deportes da Radio Galega.

"Foi un momento de moitísima paixón, moitísimo esforzo, ninguén escatimaba ningún tipo de esforzo para poñer a programación en marcha. Escoitar os compañeiros falar en galego nos informativos, os programas, creo que foi o que máis nos emocionou", relata Chus Castro, xubilada da Radio Galega.

Un mes máis tarde empezou a programación contrinuada, e desde aquela a Radio Galega emite 24 horas ao día sen interrupcións.

Noticias web

24/02/2020