CRTVG

Buscar

A Púnica pagou case un millón de euros en negro ao PSOE de Simancas, segundo o xornal 'El Mundo'

Publicado o 08/06/2020 15:28

O xornal El Mundo publica en exclusiva novidades sobre a trama Púnica, que investiga o desvío de máis de 20 millóns de euros das arcas públicas madrileñas.

Segundo o xornal, a trama pagou case un millón de euros en negro ao PSOE de Madrid, de Rafael Simancas. O xornal accedeu á contabilidade B que o empresario David Marjaliza, o principal arrepentido da Púnica, entregou ao xuíz que instrúe o caso. Segundo El Mundo, tamén habería apuntamentos de supostos pagamentos ao PP e a IU.

Noticias web

08/06/2020