CRTVG

Buscar

A provincia da Coruña, baixo unha fronte moi activa que deixará importantes acumulacións de auga

Publicado o 11/02/2021 14:59

Outro día máis, a chuvia deixa Galicia anegada de auga. E tanta caía esta mañá que este é o aspecto que presentaban as rúas na zona sur da provincia da Coruña: rúas practicamente baleiras, chuvasqueiros e paraugas entre os poucos que se animaban a saír e os que o facían era porque non lles quedaba outra. 

Aínda nos quedan unhas horas con bastante chuvia, xa que as previsións para o que queda de día seguen na mesma liña.

Precipitacións persistentes e moi fortes que nalgúns puntos poden chega a acumular ata 15 litros por metro cadrado nunha hora, unha situación que vai rematar de encher o caudal de moitos ríos que xa se atopan ao límite. 

Pero todo apunta a que este novo tren de borrascas nos vai a dar un pequeno respiro nos próximos días.

Para mañá e a fin de semana preséntanse un par de xornadas tranquilas, sen apenas precipitacións pero parece que ese sol que tanto precisamos aínda non vai facer acto de presenza na nosa comunidade. 

 

Noticias web

11/02/2021