CRTVG

Buscar

A procura dos desaparecidos en Porto do Son continúa só por terra

Publicado o 10/07/2020 20:08
A procura dos desaparecidos en Porto do Son continúa só por terra

A busca dos dous mozos desaparecidos dende o luns mentres navegaban nun kaiak en Porto do Son faise xa só por terra. Salvamento Marítimo comunicou que logo de varios días sen obter resultados, suspenden a busca por mar. Aínda así fan un chamamento ás embarcacións que faenan na zona para que avisen de calquera indicio sobre o paradoiro dos mozos. As pescudas céntranse no litoral entre praia de Sieira e o faro de Cabeiro.

Noticias web

10/07/2020