CRTVG

Buscar

Á prisión tres homes en Barcelona por violar unha muller dentro dun coche e gravalo

Publicado o 02/03/2020 20:59

Os tres homes están acusados dos delitos de agresión sexual en grupo a vítima vulnerable e do delito de revelación de segredo.

Foi un peón o que, pouco antes das seis da mañá do sábado, alertou os Mossos de que no interior dun coche estacionado nesta rúa de Barcelona había tres homes agredindo sexualmente unha muller semiinconsciente á que gravaban e lle tiraban fotos.

Segundo fontes policiais, cando a patrulla se presentou no lugar, dous deles xa estaban fóra e un terceiro e a muller continuaban no interior do vehículo. Procedeuse á dentención dos tres homes e activouse o protocolo de agresión sexual. A vítima foi trasladada ao Hospital Clínic, onde, segundo apuntan algúns medios, manifestou a súa vontade de denunciar os feitos e negou que se tratara de relacións consentidas, tal como afirmaran nun primeiro momento os sospeitosos.

Agora, os tres detidos, de nacionalidade hondureña, ecuatoriana e española , e de 33, 32 e 28 anos, e logo de que dous deles se acolleran ao seu dereito a non declarar, pasarán a noite no cárcere. Decretouse para eles prisión provisional, comunicada e sen fianza.



 

Noticias web

02/03/2020