CRTVG

Buscar

A prisión os fillos da muller asasinada e emparedada en Teruel

Publicado o 21/06/2019 20:39

O xuíz enviou a prisión aos fillos da muller asasinada e emparedada nun armario da súa casa de Teruel. O varón confesou ser o autor do crime que puido ocorrer hai algo máis de dous anos. A súa irmá, que primeiro dixo non ter nada que ver, tamén ingresou no cárcere. O xuíz pediu que lles fixeran unha análise psicolóxica. A vítima estaba cega e impedida. Os fillos seguiron cobrando a súa pensión. A autopsia determinará a causa da morte. O fillo dixo que a asfixiou.

Noticias web

21/06/2019