CRTVG

Buscar

A prisión os dous detidos por roubar en comercios de Santiago

Publicado o 03/01/2020 13:40

Orde de prisión provisional para dous sospeitosos de participar na vaga de roubos perpetrados en Santiago nas últimas semanas.

Os dous homes, de nacionalidade española, foron detidos o luns pasado por axentes da Policía Nacional nesta vivenda da Lavacolla. Onte declararon no xulgado de garda que ordenou o seu ingreso en prisión. Impútanlles os roubos en tres lavandarías, nunha farmacia e nun estanco. Pero non se descarta que teñan participado noutros asaltos a comercios e negocios de hostalería perpetrados nas últimas semanas. A Policía continúa coas investigacións para deter outros membros da banda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2020