CRTVG

Buscar

A primeira nena probeta visita España

Publicado o 05/03/2020 20:44

Hoxe en día hai máis de 10 millóns de persoas no mundo que naceron grazas á fecundación in vitro. Pero ela foi a primeira e a súa chegada ao mundo fixo historia.

Louise Brown, a primeira nena probeta, ten agora 41 anos. Hoxe estivo no noso país falando da importancia de ter moitas alternativas para a fecundación. Tamén destacou que é bo que os nenos estuden no colexio estas opcións e as acepten como normais.

Brown celebrou, ademais, que a medicina siga progresando neste ámbito e axudando moita xente que quere ter fillos.

Noticias web

05/03/2020