CRTVG

Buscar

A previsión de mal tempo condiciona a busca do mariñeiro desaparecido preto de Ons

Publicado o 14/02/2020 13:53

Malia o mar malo, continúa desde as sete e media da mañá a busca do bateeiro desaparecido en Ons: Iván Otero, Harri. Na contorna do arquipélago buenense está a patrulleira da Garda Civil, o barco de Garda Costas, Punta Roncadoira, e diversas embarcacións da Illa de Arousa; moitas delas saíron de aquí do peirao de Pedras Negras, no Grove, entre elas a do irmán de Iván.

Tamén por terra se busca o bateeiro. Veciños da Illa e Proteción CIvil do Grove, Ribeira e Muros peitean a costa de toda a ría de Arousa ata Aguiño ou Corrubedo, e tamén de Lira a Monte Louro. Extreman hoxe os esforzos en previsión de que os vindeiros días poida empeorar o tempo.

Noticias web

14/02/2020