A presión hospitalaria volve reducirse e cae ata as 448 persoas ingresadas (-24)
• Van dezasete día cunha taxa de positividade por debaixo do 5 %
• Todas as áreas baixan. Só a da Coruña segue por riba do milleiro de casos.

Os casos activos continúan coa súa tendencia á baixa. Segundo o Sergas hai 4.453 persoas con covid-19 no país, 233 menos ca onte. Detectáronse 191 novos positivos, dos cales 161 foron a través dunha proba PCR.
A Coruña: 1.492 (-51)
Vigo: 758 (-13)
Pontevedra: 632 (-51)
Santiago: 469 (-50)
Lugo: 401 (-26)
Ferrol: 424 (-35)
Ourense: 277 (-7)
Alíviase a presión hospitalaria
Continúa baixando o número de persoas con coronavirus nos hospitais galegos. Hai, segundo os últimos datos, 448 (-24) persoas ingresadas: 355 en planta (-20) e 93 nas UCI (-4).
Onte o Sergas notificou o pasamento de tres persoas por mor do coronavirus, o que eleva a cifra de vítimas a 2.259 no que vai de pandemia en Galicia.
Dezasete días baixo o 5 %
Segue tamén con tendencia á baixa a positividade. Das 7.409 probas realziadas onte (-1.122), deron positivo 161, o que significa unha taxa de positividade do 2,17 %. Así, Galicia vai camiño das tres semanas cunha positvidade por debaixo do 5 %, o limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada a pandemia.