CRTVG

Buscar

A policía ten que mediar, de novo, na liorta entre percebeiros e bateeiros na Coruña

Publicado o 21/05/2020 17:24

E segue a tensión entre percebeiros e bateeiros da cría de mexillón, que levan toda a semana enfrontados á conta das zonas en que traballan e acusándose mutuamente de non respectalas. 

Saben que están condenados a entenderse pero non atopan punto de acordo. Hoxe na Coruña, na contorna da Torre de Hércules, houbo de novo altercados nos que tiveron que mediar as forzas de seguridade. Os percebeiros non lle permiten aos bateeiros extraer a mexilla onde mellor cría o percebe. E os bateeiros reclaman o seu dereito a recoller a semente de mexillón en zonas autorizadas. Todo un polvorín que desenvoca en situacións coma esta.

Non se respectou o principio de acordo do pasado xoves polo que quedaban reservadas as zonas confitivas, pero hoxe a conselleira do Mar intenta de novo que pescadores e mariscadores limen asperezas, nunha reunión no Intecmar. O obxectivo segundo Rosa Quintana é que poidan desenvover o seu traballo coordinadamente.

 

Noticias web

21/05/2020