CRTVG

Buscar

A policía recupera en Lugo seis vehículos empregados para cometer roubos con forza

Publicado o 08/11/2019 13:51

En apenas 72 horas, a Policía Nacional localizou en Lugo seis vehículos que foran roubados e que as forzas de seguridade consideran implicados tamén en roubos con forza.

A brigada da Policía Xudicial que investigaba os roubos atopou catro dos coches nas inmediacións do poboado do Carqueixo, na parroquia de Bóveda. Dous deles estaban calcinados e un dos outros dous, localizado entre a maleza, é o vehículo municipal do Concello de Outeiro de Rei que fora roubado do interior dunha nave. Tamén localizaron coches roubados nas parroquias de Mazoi e Rubiás.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019