CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A policía practica novos rexistros no caso Sonia Iglesias

Publicado o 21/09/2018 21:18
Máis rexistros na busca de Sonia Iglesias.

Axentes da Unidade de Subsolo da Policía Nacional rastrexaron polo menos dous pozos, nunha zona próxima á vivenda da familia da súa ex-parella, Julio Araújo, o mesmo lugar en San Mauro, que xa inspeccionaran en febreiro. O rexistro fixérono policías chegados dende Madrid, no máis absoluto segredo, e durou unhas tres horas. A inspección na busca dos restos de Sonia Iglesias, desaparecida en agosto de 2010, foi unha vez máis infrutuosa.

Telexornal Serán

21/09/2018