CRTVG

Buscar

A policía obriga un grupo de 'okupas' a abandonar un edificio en Vigo

Publicado o 02/11/2020 15:07

Dispositivo policial en Vigo para desaloxar un grupo de okupas dun céntrico edificio da Gran Vía. Ata unha vintena de persoas vivían no inmoble propiedade da Sareb.

Os veciños da zona queixábanse do caos que xeraban no barrio causando estragos e altercados.

Varias patrullas da Policía Nacional acudiron ata o edificio cos axentes preparados para intervir en caso de que os okupas se negasen a abandonalo. Xunto aos axentes tamén acudiron persoal dos xulgados para informar da orde de desaloxo.

Nese momento había dentro unha decena de persoas, que recolleron as súas pertenzas e saíron á rúa. Trátase dun edificio de seis plantas que a promotora deixou sen terminar hai anos e que saíu a poxa en varias ocasións sen que ninguén poxase por el.

Noticias web

02/11/2020