CRTVG

Buscar

A Policía Nacional advirte contra as mentiras sobre o coronavirus

Publicado o 31/03/2020 21:47

Pois parece que a última mentira que desmente a Policía Nacional é que o Goberno aconsellase facer compras masivas nos supermercados, pero a lista das chamadas fake news é inmensa e non para de aumentar.

Algunha recentes, como que o Goberno vai utilizar xeolocalizadores a través dos teléfonos para saber onde estamos cadaquén en todo momento ou, e isto xa é un clásico, os anuncios de alimentos que curan o coronavirus.

A propia policía publicou unha lista con recomendacións para evitar caer nas mentiras: fiarse das fontes oficiais, non crer que unha mensaxe é oficial só porque leve o selo dun organismo, prestar atención a quen é realmente a fonte da información...

En resumo, que desconfiemos e, desde logo, que non pasemos informacións das que non esteamos seguros.

Noticias web

31/03/2020