CRTVG

Buscar

A policía multa un mozo en Pontevedra por ir bébedo nun patinete

Publicado o 19/02/2019 21:26

Xa coñecen o consello: se beben, non conduzan. Agora temos que modernizar o dito: se beben, non collan o patinete. Non o tomen a broma. En Pontevedra, a Policía Local multou un mozo con mil euros.

O mozo circulaba cun patinete por esta praza de Curros Enríquez. Varios transeúntes chamaron a Policía Local para denunciar que se estaba comportando de xeito temerario. Os axentes que se achegaron á zona fixéronlle o control de alcolemia e descubriron que triplicaba a taxa de alcol permitida. A sanción prevista para estes casos é de mil euros. Parece esaxerado pero teñan en conta que moitos destes patinetes teñen velocidades de ata 30 km por hora. Así que xa saben. Se beben, non conduzan. Tampouco no patinete.





 

Noticias web

19/02/2019