CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo salva unha muller de ser asfixiada polo seu home

Publicado o 21/04/2020 19:26

A Policía Local salvou unha muller de 70 anos á que o seu marido intentou asfixiar, presuntamente, e á que ameazou de morte. Sucedeu no barrio vigués de Coia e foi un fillo, que reside en Barcelona, o que alertou as forzas de seguridade. A muller relatoulles aos axentes que viña sufrindo episodios de violencia de xénero toda a súa vida. Chorando, e nun notable estado de ansiedade, manifestou que era insultada e que sofre desprezos por parte da súa parella. O acusado suxeitáraa polo pescozo para asfixiala ata case perder o coñecemento. A muller decidiu interpoñer unha denuncia polos feitos. Os xentes detiveron o home pola comisión dun presunto delito de malos tratos.

Noticias web

21/04/2020