CRTVG

Buscar

A Policía Local de Vigo actúa contra festas en pisos, restaurantes e concentracións de persoas na rúa

Publicado o 12/09/2020 21:20

A Policía Local de Vigo desocupou un bar en Candeán durante a súa festa de inauguración. Fóra e dentro do local chegou a haber 244 persoas, case todas sen máscara e sen gardar as distancias de seguridade.  Só 24 horas antes desaloxaron o Parque Forestal de Beade, onde se celebrou unha carreira ilegal cuns 300 coches. 

Os axentes da Policía Local de Vigo tiveron traballo arreo. Tiveron que desaloxar dez festas en pisos e vivendas particulares, alertados polas queixas de veciños de varios puntos da cidade.
Pero tamén tiveron que acudir a un restaurante de Candeán, que onte celebraba a súa festa de inauguración. Cando chegaron a este lugar, o axentes atoparon aquí 244 persoas que estaban convidadas a esa festa inaugural.

Era pouco despois das once da noite e, aínda que a ocupacion máxima permitida era de 50 persoas, estaban 244 no local. Na terraza identificaron varias persoas sen máscara e varias que fumaban sen gardar a distancia de seguridade.

Unha hora despois do desaloxo deste local, a Policía Local disolveu unha quedada de automobilistas que se organizara nas redes sociais. Había 100 coches de 300 persoas convocadas no Parque Forestal de Beade.

Noticias web

12/09/2020