CRTVG

Buscar

A Policía Local de Cambados usa drons para controlar que se cumpra o confinamento

Publicado o 31/03/2020 17:10

Para evitar que a xente salte as medidas de confinamento, en Cambados a Policía Local conta coa axuda de dous drons cos que vixían as zonas máis afastadas. 

Dende que se decretou o estado de alarma a Policía Local identificou a máis de 400 persoas pero só unha vintena delas foron denunciadas por saltarse esta medida. Os drons actúan como unha ferramenta máis do Concello para asegurarse de que os veciños queden na casa. 

Constantino Cordal, concelleiro de Seguridade Cidadá en Cambados: "Nunca estará un técnico da empresa só, senón que estará acompañado por membros da Policía Local que son os encargados de dar as instrucións pertinentes". "Nos espazos máis afastados é de gran axuda ter este dispositivo técnico", engade Constantino Cordal.

Noticias web

31/03/2020