CRTVG

Buscar

A Policía Local da Coruña impón 28 multas por non respectar a normativa sanitaria

Publicado o 17/08/2020 14:51
A Policía Local da Coruña impón 28 multas por non respectar a normativa sanitaria

A Policía Local da Coruña intensifica os controis para garantir que se cumpren as normas sanitarias. Os axentes realizaron onte, domingo, un total de 16 propostas de sanción para 10 persoas que non levaban posta a máscara e 6 fumadores que non respectaban a distancia de seguridade.

En total, a fin de semana péchase con 28 denuncias por non respectar as medidas sanitarias, unha cifra que se eleva a 323 multas desde hai un mes.

 

 

Noticias web

17/08/2020