CRTVG

Buscar

A policía intensifica a vixilancia no segundo día dos paseos dos menores

Publicado o 27/04/2020 14:27

O tempo en xeral hoxe en Galicia está para quedar na casa, pero levamos tanto pechados que daba igual que chovese ou nevase. Así que percorrendo Galicia hoxe volvemos encontrar nenos acompañados polos seus pais nesta saída diaria ben merecida despois destes mais de 40 días de encerro.

Hoxe había menos bicicletas, patinetes e pelotas na rúa. Os que saíron fixérono coa lección ben aprendida. Malia que non é obrigatorio o uso de máscaras infantís, en moitos concellos repártenas para que os paseos sexan máis seguros.

A policía intensifica a vixilancia para garantir que pais e nenos cumpran coas restricións fixadas. En Galicia non houbo tantos problemas coma noutras comunidades, pero a policía avisa: se a xente non cumpre, haberá sancións.

Apelan á responsabilidade e ao sentido común dos pais polo ben de todos.

Noticias web

27/04/2020