CRTVG

Buscar

A Policía desaloxa a inauguración dun bar no que había 244 persoas

Publicado o 12/09/2020 21:07

Estas que ven son as pegadas que deixaron uns trescentos coches a carón do Parque Forestal da parroquia de Beade, en Vigo. Alertados polo ruxido dos motores varios veciños chamaron á policía xa que non é a primeira vez que esto ocorre. Varias patrullas estiveron identificando ata as dúas da madrugada aos participantes desta carreira ilegal. Eran unhas cen persoas. A maioría si estaban provistos de máscaras así que a este respecto non houbo denuncias policiais.

Onde si se denunciou a falta de protección, de máscaras, e o non respecto á distancia de seguridade foi neste local de Candeán. Tamén através dunha chamada á policía souberon que na inauguración dun bar había máis xente da que cabía. No local o aforo era de 50 persoas. Pero entre a terraza exterior e o interior chegaron a contabilizar ata 244 persoas, case todas denunciadas por non cumprir o protocolo anticovid. Tres persoas máis foron denunciadas por fumar se manter o metro e medio de distancia entre elas.

Ademáis a mesma policía local, na súa misión do control do ocio nocturno, puxo fin, e varias denuncias, a unha ducia de festas celebradas en casas particulares.

Noticias web

12/09/2020