A policía de Lugo intenta porlle freo ás carreiras ilegais nas Gándaras
Publicado o 25/06/2019 12:24

A Policía Local de Lugo ponlle cerco os participantes nas carreiras ilegais no polígono das Gándaras. Na fin de semana identificaron 35 coches, pero chegaron a concentrarse na zona un cento de vehículos. Os axentes montaron varios controis e tramitáronse varias denuncias por exceso de velocidade e alcolemia.
Os participantes nestas quedadas negan que se fagan competicións. Dende a Policía Local sinalaron que van perseguir este tipo de condutas para velar pola seguridade viaria da cidade.