CRTVG

Buscar

A policía precinta un local de Doniños por incumprir a normativa sobre a covid−19

Publicado o 24/01/2021 21:52

Unha patrulla da Policía Local realizaba labores de vixilancia na zona. Detívose diante do local ao ver un grupo de xente na terraza. Nun primeiro momento identificaron dez persoas que bebían sen gardar a distancia de seguridade. Varias tamén fumaban. Despois accederon a unha zona pechada situada nun dos laterais do edificio. No interior desta estrutura comían máis de vinte persoas. Os axentes comprobaron que algunhas mesas apenas distaban quince centímetros unhas das outras e que as ventás e as portas que daban ao exterior estaban pechadas a pesar de que non había dispositivos de ventilación ou de renovación do aire.

O negocio é reincidente. Constan propostas de sancións anteriores por incumprir a normativa sobre a covid−19. Agora enfróntase a unha posible infracción grave da Lei de Sanidade de Galicia, que recolle multas de entre tres mil e quince mil euros.

Ademais, a Policía Local ferrolá formulou trece denunciais individuais por non respectar a distancia mínima e por fumar.

Noticias web

24/01/2021