CRTVG

Buscar

A Policía Científica investiga as causas dun incendio nun local de ensaio da Coruña

Publicado o 10/02/2020 14:40

O lume orixinouse nun estudio de gravación situado no soto dun inmoble do barrio coruñés de Monte Alto. Nese momento varias persoas estaban tocando noutra das salas. Viron o lume e chamaron o 112. Saíron á rúa. E nós tivemos que desaloxar os veciños dese inmoble, algúns coa escada dos bombeiros, e tamén do lindeiro", explica Carlos García Touriñán, director de Seguridade Cidadá da Coruña.

As lapas devoraron varias salas de ensaio e causaron importantes danos materiais nas restantes.

Os veciños seguiron ben de preto os traballos dos bombeiros, que tiveron dificultades para sufocar o lume, porque o soto non ten ventilación nin outro acceso que a entrada ao inmoble.

Todo quedou nun gran susto e non houbo danos persoais. A Policía Científica é quen se encarga agora de esclarecer que foi o que pasou.


 

Noticias web

10/02/2020