CRTVG

Buscar

A policía busca o condutor que fuxiu despois de atropelar mortalmente unha muller en Parla

Publicado o 07/01/2020 12:54

A policía busca o condutor do vehículo que fuxiu despois de atropelar unha muller preto dun paso de peóns na localidade madrileña de Parla.

A vítima, de 55 anos, morreu horas despois no hospital ao que foi trasladada inconsciente polos servizos de emerxencia. Sufría un traumatismo cranioncefálico e fracturas múltiples causadas polo atropelo.

Os axentes encargados do caso investigan as causas do accidente e os motivos polos que o condutor do vehículo fuxiu do lugar sen atender a vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020