CRTVG

Buscar

Os investigadores non atopan rastro de Sonia Iglesias na busca que realizan en Marcón

Publicado o 22/01/2020 12:40

A Policía Nacional desenvolve desde primeira hora desta mañá un novo operativo de busca da moza pontevedresa Sonia Iglesias, desaparecida en agosto de 2010.

Efectivos chegados desde Madrid, pertencentes á Unidade de Subsolo da Policía Nacional, están a coordinar estes traballos, en que colaboraron os bombeiros de Pontevedra e outras brigadas policiais.

O pozo que se inspeccionou está situado nunha leira particular de Pedra do Lagarto, moi preto doutro punto que no pasado xa formara parte da investigación policial.

Fontes da investigación confirmaron que este pozo permanecera oculto ou cuberto de matogueiras durante anos, pero descubriuse a súa existencia polas obras de construción dunha nova estrada.

Os efectivos policiais, segundo sinalan estas mesmas fontes, baleiraron o pozo para revisar o seu interior e buscar probas que permitan esclarecer a desaparición da nova, pero segundo as primeiras análises a procura foi infrutuosa. A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, confirmou, en declaracións aos medios, que "o resultado foi totalmente negativo". 

A leira na que se atopa este pozo, confirma a Policía, non é propiedade de ningunha persoa que estivese relacionada con este caso, entre eles a ex-parea de Sonia Iglesias, Julio Araújo, quen chegou a estar investigado por esta desaparición en dúas ocasións. Aínda no ano 2018 foi rexistrada a casa do barrio de San Mauro en que vivira a parella