CRTVG

Buscar

A policía atribúe á mesma banda 34 roubos en negocios hostaleiros de Lugo

Publicado o 10/01/2020 12:26

A Policía Nacional cre que tras os roubos nos establecementos hostaleiros de Lugo hai unha banda organizada foránea.

Rexistráronse 34 roubos nestes negocios, moitos deles no mes pasado de decembro. A policía, aínda que si recoñece o aumento do último mes do ano, di que as cifras son similares ás doutros anos. Uns asaltos que preocupan ao sector que xa demandou máis vixilancia ante a subdelegada do Goberno.

Noticias web

10/01/2020

Máis sobre Lugo