CRTVG

Buscar

A policía advirte dunha estafa con SMS supostamente envíados por compañías de paquetería

Publicado o 04/03/2021 20:31
A policía advirte dunha estafa con SMS supostamente envíados por compañías de paquetería

A Policía Nacional advirte dunha estafa que se está a producir vía SMS avisando o receptor da chegada dun envío ao seu nome
Trátase dun calote xa recorrente onde os estafadores suplantan a identidade de varias coñecidas compañías de paquetería coma Seur, DHL ou Fedex para dirixir as vítimas a webs ou aplicacións maliciosas. Os corpos de seguridade do Estado recomendan non facer clic de xeito impulsivo cando recibamos comunicacións electrónicas e comprobar sempre as ligazóns ou dominios web do texto recibido.
 

Noticias web

04/03/2021