CRTVG

Buscar

A plataforma de Lugo en defensa do ferrocarril propón trens compartidos coas mercadorías para que sexan rendibles

Publicado o 03/01/2020 13:58

Usuarios do tren moven ficha contra o peche dos portelos de oito estacións anunciado por Renfe. Os primeiros movementos nacen da plataforma Lugo non perdas o tren. Propoñen para darlle rendibilidade as conexións ferroviarias, os trens compartidos de viaxeiros e mercadorías.

 

O anuncio do peche dos portelos de oito estacións de tren galegas caeu coma unha xarra de auga fría entre os usuarios. A defensa deste servizo público é a loita dende hai anos da plataforma Lugo non perdas o tren. Opoñense totalmente ao peche e lanzan unha proposta para facer máis rendibles as conexións ferroviarias.


"Igual hai que compartir con mercadorías, estaríamos de acordo en que houbera un tren mixto que ofreza os dous servizos. Queremos que as estacións estén abertas", explicaba José Manuel Carballo, da plataforma.

O malestar é máis latente en estacións coma a de Redondela, poboación de 30.000 habitantes,ou na luguesa de Sarria que absove moitos dos peregrinos da rota francesa.

 "Ten moito movemento polos peregrinos do camiño de Santiago"; "Eu compro por internet pero entendo que para a xente maior é moi difícil" "Se colles o billete no tren non che garante un asento"

A plataforma Lugo non perdas o tren mantiña unha xuntanza con representas do partido popular que comparten e apoian as súas revindicacions.

Noticias web

03/01/2020