CRTVG

Buscar

A pintora viguesa Menchu Lamas ingresa na Real Academia de Belas Artes

Publicado o 01/12/2018 17:37

Celebrouse en Vigo o acto de ingreso na Real Academia de Belas Artes da artista Carmen Lamas Pérez, máis coñecida coma Menchu Lamas. "Cando a cor respira" foi o título do discurso que pronunciou a pintora viguesa con motivo do seu ingreso nunha institución que pretende dar voz e representación a todos os ámbitos relacionados coa creatividade, a investigación ou a divulgación do patrimonio cultural de Galicia.

A obra da nova académica, Menchu Lamas, ten unha importante proxección internacional con exposicións en Europa e á outra beira do Atlántico.

 

Noticias web

01/12/2018