CRTVG

Buscar

A pensión media en Galicia é de 857,65 euros, un 2,4 % máis que hai un ano

Publicado o 28/04/2020 10:32
A pensión media en Galicia é de 857,65 euros, un 2,4 % máis que hai un ano

A pensión media en Galicia é de 857,65 euros con data 1 de abril, un 2,4 % máis que hai un ano (uns 20 euros), segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Migracións e Seguridade Social.

O incremento supera en case tres décimas ao que se produciu de media no Estado, do 2,12 %. Mesmo así, sitúa a pensión media en Galicia máis de 150 euros por debaixo da pensión media en España, que é de 1.008,83 euros.

O número de pensións en Galicia situouse en abril en 765.535, un 0,1% máis con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Do total, por incapacidade permanente hai 69.835 cunha paga de 891,73 euros; por xubilación hai 479.475, con 975,22 euros; por viuvez 186.015, con 611,14; por orfandade hai 23.582, con 404,27 euros; e en favor de familiares 6.628, con 524,61 euros.

A nivel nacional, o conxunto do sistema alcanza un total de 9.792.645 pensións contributivas, un 0,80 % máis respecto ao ano pasado, cunha nómina mensual de 9.879.161 miles de euros.