CRTVG

Buscar

A patronal urxe o Goberno a presentar unha proposta de prórroga dos ERTE

Publicado o 11/06/2020 20:29

Case 3.400.000 traballadores acolléronse a expedientes de regulación de emprego durante a crise da COVID-19. Pero esa protección extraordinaria dos seus empregos caduca a finais de mes. O Goberno admite que haberá que prorrogalos. Por iso, a ministra de Traballo urxía no Congreso os sindicatos e a patronal a acordar os detalles antes do vindeiro Consello de Ministros.

Yolanda Díaz, ministra de Traballo, aproveitou para "desde a discreción que convén, animar esa comisión para que o antes posible, e isto ten que ser antes do martes que vén, academos un acordo próspero para o país"

Unha hora despois, e na mesma Comisión pola Recontrución, o presidente dos empresarios respondía: o único que non fixo os deberes foi o Goberno.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, cre que "é moi difícil que o día 15 estean os ERTE se hoxe é xoves e son as seis e cuarto da tarde. Os nosos papeis están, os papeis dos sindicatos están, pero eu quero ver os papeis do Goberno"

A patronal quere que os ERTE se prolonguen como mínimo ata decembro e que inclúan mecanismos de flexibilidade para que o empresario poida ir graduando a incorporación de persoal.

Noticias web

11/06/2020