CRTVG

Buscar

A partir deste mércores son obrigatorios os distintivos ambientais para circular por Madrid

Publicado o 23/04/2019 15:40

A partir de mañá para circular en coche por Madrid serán obrigatorios os adhesivos ambientais da DXT para residentes pero tamén para os visitantes. 

Moita atención se a partir de mañá ten previsto viaxar a Madrid, porque dá igual se vive aquí ou se está de paso. É imprescindible para circular por Madrid un distintivo como este, o ambiental da Dirección Xeral de Trafico. E un dato moi importante. Afecta todo o municipio de Madrid, non só ao centro ou ao interior da M-30. Non levalo pode supoñer unha multa de cen euros.

Poden conseguilo nas oficinas de Correos aquí en Madrid por un prezo de cinco euros ou tamén a través da páxina web da DXT. Estes distintivos dividen os coches en función do contaminantes que sexan.


 

Noticias web

23/04/2019