CRTVG

Buscar

A partir de xuño será posible ir de Vigo a Cangas en menos de 25 minutos

Publicado o 08/04/2019 15:36

A futura autovía entre Vigo e O Morrazo convértese na opción máis demandada polos condutores á hora de moverse entre as dúas beiras de Rande. Poucos meses antes da apertura do novo tramo, entre Meira e Cangas, esta vía xa superou nalgúns meses de verán os 21.000 coches diarios.

A partir de xuño será posible ir de Vigo a Cangas en menos de 25 minutos. Será grazas á apertura do tramo de obras que está a piques de finalizar entre Meira e o concello cangués.

Para os condutores, esta é a opción elixida á hora de moverse a un e outro lado da ría. Os motivos son ante todo a rapidez e a seguridade.

A outra opción para cruzar de Vigo ao Morrazo e viceversa é a utilización do transporte de ría, para algúns un medio de transporte máis custoso. A demanda desta nova autovía podería aumentar aínda máis nos meses de verán. Só en agosto do pasado ano chegouse ós 21.000 vehículos diarios.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019