CRTVG

Buscar

A partir de Reis comezará en Lugo o novo programa de cribado de cancro do colo uterino

Publicado o 13/12/2019 15:00

Lugo será a área piloto do programa para o cribado do cancro de colo de útero. O obxectivo deste programa é detectar a tempo a infección polo virus do papiloma, que pode ser precursora do tumor de colo de útero. O programa está dirixido a mulleres entre os 35 e os 65 anos, que comezarán a recibir as cartas para a súa participación no cribado a partir de Reis. A toma de mostras realizarase ben no centro de saúde coa matrona e tamén hai a opción de facela na propia casa.

Neste caso o Sergas enviará ás participantes un dispositivo moi sinxelo de usar, xa que a proba detecta a infección no fluxo vaxinal. Se o resultado é negativo, a proba repetirase aos cinco anos. Nos casos de resultado positivo, as mulleres serán citadas no centro de saúde para facer unha citoloxía, se esta proba dá negativa repetirase o test do virus do papiloma pasado un ano. No resto dos casos confirmarase a lesion a través doutras probas diagnósticas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019