A partir de 2020 a Xunta pasará a ser propietaria das terras do rural sen propietario coñecido
A partir de 2020 a Xunta pasará a ser propietaria das terras do rural sen propietario coñecido, coa intención de poñelas despois a disposición das persoas que as queiran explotar. Esta facultade aparecerá recollida na Lei de recuperación de terras agrarias.
Foi á comisión de dereitocivil. A futura lei de recuperación e posta en valor de terras agrarias incorporará esta facultade, ata agora inexistente, para que a Xunta asuma a titularidade das propiedades rústicas das que non se saiba quen é o dono ou cando non o poidan localizar. O obxectivo é que a administración autonómica teña unha ferramenta para mobilizar os terreos abandonados e recuperalos para a produción agraria.
Con esta lei axilizaranse os prazos para facerse coa titulariedade destes terreos, que ata o de agora precisaba da autorización do Goberno central. En Galicia hai máis de 300.000 parcelas rurais sen propietario.