CRTVG

Buscar

A 'papanoleada' surfeira de Patos recibe o Nadal

Publicado o 24/12/2019 14:10

Cada vez máis familias optan por recibir a Noiteboa na praia. Convértense en 'papás noeis surfeiros' por un día e preparan as súas táboas para tentar coller as mellores ondas que deixa o mar polo Nadal. Antes o importante é quecer músculos e articulacións e, como manda a tradición, felicitar as festas dende a area.

Porén este é o mellor momento da xornada. Todos á auga. Sen renos e sen neve pero con táboas e cun mar en que dominar as ondas é secundario. Esta é unha xornada para a diversión que, ademais, ten unha cara solidaria.

Cando saian do mar agárdaos un chocolate quente, aínda que hoxe por fin marchou o frío e chegou o sol para surfear polo Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019