CRTVG

Buscar

A pandemia muda as queixas dos consumidores, agora centradas na compra por Internet

Publicado o 09/10/2020 14:14

Os novos tempos que trouxo a pandemia propiciaron tamén unha remuda nas queixas dos consumidores. Ás denuncias xa habituais sobre telefonía e electricidade, súmanse agora outras derivadas das cancelacións de reservas ou das compras en Internet.

As organizacions de consumidores admiten que están desbordados pola multitude de queixas que lles deixou o verán.

En xeral non houbo máis reclamacións ca o ano pasado, polo parón da actividade económica pero as queixas habituais sobre eléctricas, telefonía e banca, chegaron a outros sectores.

O Instituto Galego de Consumo asegura que unhas dúas terceiras partes das demandas se resolven a prol do consumidor. E lembran que hai un teléfono de atención gratuíto para canalizar consultas e queixas.

 

Noticias web

09/10/2020