CRTVG

Buscar

A pandemia está facendo máis vulnerables as persoas con parálise cerebral

Publicado o 06/10/2020 14:52

Hoxe, Día Mundial da Parálise Cerebral, dende Aspace Galicia convídannos a reclamar un futuro mellor. É o lema da campaña deste ano, coa que se queren defender os dereitos deste colectivo.

Dende a entidade din que a situación provocada pola pandemia está a incrementar a vulnerabilidade destas persoas. Con este acto, ao que tamén se sumou a Conselleira de Política Social, quixeron facelo visible.

Noticias web

06/10/2020