CRTVG

Buscar

A pandemia acelérase en América e a India mentres Europa e Asia tratan de controlar os rebrotes

Publicado o 21/06/2020 10:33

Os Estados Unidos, con máis de 30.000 casos novos nunha xornada; a India, con máis de 15.000; Panamá, Bolivia ou o Brasil, con cifras de infectados non vistas ata o de agora e que superan marcas... máis de 8,7 millóns de contaxiados de coronavirus no mundo e 464.000 mortos pola covid-19 son datos que indican a expansión da pandemia a nivel global. Os Estados Unidos con 2,2 millóns de contaxios e o Brasil con máis dun millón son os dous países máis afectados.

No caso do Brasil roza xa os 50.000 falecidos, con máis de mil diarios na última semana, polo que moitas rexións volven endurecer as restricións para frear a epidemia.

Noticias web

21/06/2020