CRTVG

Buscar

A oposición lembra que a decisión de adiar as clases se tomou tras a rebelión de varios institutos e o PPdeG asegura que foi froito do diálogo

Publicado o 11/09/2020 16:08

Esta decisión da Consellería de Educación vese como algo improvisado por parte da oposición. Segundo o BNG e os socialistas, a medida tomouse logo das advertencias dos propios centros.

Desde o Partido Popular poñen en valor a capacidade de diálogo que din que ten o conselleiro de Educación. Aseguran que tomou a decisión por prudencia e logo de escoitar directores de secundaria e inspectores.

Noticias web

11/09/2020