CRTVG

Buscar

A oposición do concello de Ourense planta o pleno municipal

Publicado o 24/08/2020 10:00

Ás nove da mañá estaba previsto no concello de Ourense a celebración dun pleno municipal. Celebrouse, pero non nas condicións en que se debería celebrar.

Só asistiron os membros do propio equipo de goberno. A oposición decidiu non acudir por unha cuestión, din, de responsabilidade. Detrás de todo isto: un positivo en coronavirus.

A oposición considera que non se tería que celebrar o pleno agora.

 

 

 

 

 

Noticias web

24/08/2020

Máis sobre Ourense